AO REDOR

En Bretoña, ao redor do CIN Bretoña podes visitar:

Na parroquia de Bretoña destacan varias personalidades ao longo da súa historia. É o caso do bispo de Quito Alonso de la Peña Montenegro (1596-1687). Outra personalidade vinculada con Bretoña foi Bartolomé Villapol y Vega, cóengo e mestre-escola da Catedral de Mondoñedo, que presenta no ano 1647 o traballo que consistiu nun listado dos Bispos da Sé de Bretoña e que se publicou no tomo do MARYROLOGII-HISPANI no ano 1648. Manuel Fernández (1866-1949), un dos máis importantes mestres construtores de órganos do seu tempo, Antonio García y Garcia (1928-2013), cuxa obra, extensa e variada, conta con 277 artigos publicados e 32 libros editados entre os que destacan polo seu vencello con Bretoña, El patrimonio artístico-arqueológico de la Parroquia de Bretoña e Historia de Bretoña. E Pedro Gasalla González (1855-1908), que foi o pioneiro dunha saga familiar de destacados profesionais dedicados ao mundo da menciña.

Podes visitar CIN Bretoña e:

Cristo do Fiouco – Porto do Campo do Oso – Muiño A Soledá – Museo Pedagógico Etnográfico Villapol – Santa María de Bretoña – Coto da Auruxeira e paseo fluvial – Area recreativa do Acebreiro