¿QUE PODES VER?

O CIN Bretoña conta a historia do asentamento de emigrantes britanos en Bretoña (A Pastoriza). Poderás coñecer a figura de  Maeloc, o bispo da Sé britoniense; as escavacións arqueolóxicas de Manuel Chamoso Lamas no subsolo da igrexa parroquial de Santa María de Bretoña e parte dos materiais arqueolóxicos recuperados, dos cales destaca a arracada de Bretoña, entre outros. Imos?