ARRACADA

Unha arracada é un aro de metal utilizado como pendente pero, a diferencia destes, leva un adorno ou
ornamento colgante. A arracada de Bretoña foi atopada por uns veciños da localidade no derrube dunha
casa lindeira ás defensas exteriores do castro de Bretoña e entregada a Manuel Chamoso Lamas durante a
campaña de escavación de 19070-1971 quen un ano despois depositaríaa no Museo Provincial de Lugo.
Esta arracada de ouro é de forma penanular, obtida pola unión de varias laminiñas que se soldan polos
dorsos. Dun só corpo pechado cun eixe horizontal de 2 ́95 cm. e outro vertical de 2 ́5 cm., o ancho dos
dorsos é de 0 ́75 cm. Decorada polas súas dúas caras principais a base de nove pares de funiculares
concéntricos aos bordos; o dorso convexo tamén está decorado cunha especie de cinta de ornamentación
simétrica conseguida coa axuda de fíos unidos entre si de distintas maneiras (en serra, lisos e funiculares
torcidos). Este adorno de orella suxeitaríase por un sistema de suspensión por pinza mediante dous
pivotes afrontados, soldados polos extremos opostos nas paredes do corredor con grande cantidade de
pequenas esférulas que permiten o xogo necesario para introducir o lóbulo da orella, non sendo precisa a
perforación, posto que o seu peso é escaso, 7 ́11 g. Este tipo de arracada inclúese no morfotipo IA de
Bieito Pérez Outeiriño, caracterizado por non ter parte distal e presentar a parte medial en forma
“arriñonada” e a parte proximal pouco desenvolta. Este tipo de xoia áurea, posiblemente adobío feminino,
demostra a gran destreza e calidade que acadaron os ourives galaicos, xa que puideron chegar a combinar
a exquisita tradición metalúrxica autóctona coas innovacións alleas procedentes do mundo mediterráneo.
Esta peza encadraríase como pertencente á Cultura Castrexa, e xunto coas arracadas de Burela, de
Recouso e as de Masma amósase nunha vitrina da Sala do Tesouro[1].

VASIJAS DE BARRO

CERÁMICA
Durante a escavación arqueolóxica dirixida por Manuel Chamoso Lamas atopáronse restos cerámica
castrexa, tanto lisa como decorada, asi como pequenos fragmentos procedentes de época romana,
tardorromana e altomedieval.

 

Cristina Seoane , autora debuxo