Os camiños novos de Simon Young (2002)

No ano 2002, o inglés Simon Young publicou “Britonia: Camiños novos” (ToxosOutos), un traballo froito de ano e medio de investigación sobre o pasado da diocese britoniense. En 2004 aparecería traducido ao castelán na mesma editorial.

“Este é un estudio sobre Britonia, un asentamento celto-británico do noroeste da Península no alto medievo. Moitos historiadores de calidade como, por exemplo, Pierre David e Antonio García y García, aportaron valiosas contribucións sobre Britonia. Pero a tese deste libro é que o corpus establecido por estes especialistas é limitado. Neste traballo, o autor, combinando elementos da civilización celto-británica e do medievo galego, achégase a esta área xa ben explorada da historia a través de rutas pouco usuais e inesperadas: a toponimia, a antroponimia, o folclore, documentación medieval anteriormente desatendida e a comparación coa diáspora celto-británica noutras rexións de Europa. O libro está dividido en tres partes. Na parte 1 examínanse as fontes tradicionais sobre o asentamento. A parte 2 presenta novas fontes de estudio. A parte 3 é unha interpretación provocativa das fontes utilizadas tanto na primeira como na segunda parte. Os apéndices inclúen unha reproducción do traballo do Padre Flórez sobre a diocese de Britonia”

Durante este tempo dedicado aos asentamentos dos britóns do Noroeste peninsular, Simon Young mantivo activa unha páxina web onde subiu algúns dos seus resultados: The Britonian Studies Internet Resource. Hoxe atópase arquivada: Britonia (archive.org)

Outros traballos do mesmo autor sobre este tema son: