Eventos y hemeroteca

Principais actividades tidas no Centro de Interpetación, por periodos:

  • A Casa de Xenaro, logo coñecida como Casa da Galocha: construida cara o ano 1915, a casa onde se atopa o Centro de Interpretación de Bretoña foi unha casa de comidas que estivo en uso ata os anos sesenta.
  • 2014-2018. Obras de rehabilitación: deshabitada dende entón, o edidicio atopábase nun estado ruinoso cando foi adquirido polo concello da Pastoriza para iniciar a súa rehabilitación e facer nel un Centro de Interpretación.
  • 2019-2021. Apertura e primeiros pasos: o CIN Bretoña inaugurouse en abril de 2019, pero non abriría as súas portas ata o 2 de agosto dese ano. Nun primeiro momento só tivo exposición no andar central, o da entrada. A pandemia ralentizou a apertura do resto dos espazos, inaugurados a finais do 2021.
  • 2022:
    • En marzo de 2022, o Consello da Cultura Galega organizou neste centro unha xornada de debate sobre o papel educativo dos centros de interpretación no rural.
    • En abril visitou o centro o colexio de Bretoña para conmemorar o día do libro.
    • En xuño Fernando Villapol presentou o seu primeiro libro: “Ciencia e conciencia. Historia social”.
    • En agosto tivo lugar a primeira actividade infantil, “Rastreo por Bretoña”, e iniciaron as visitas guiadas conxuntas o Castro de Saa, o CIN e a Bretoña.
    • En setembro dou comezo un nuevo proxecto, “Camiñamos xuntos”, co fin de coñecer o concello a través de rutas organizadas: a primera edición foi a Ruta de Maeloc e a segunda a Ruta da Mudia, en outubro. Tamén fixemos un taller de cerámica para nenos.
    • En outubro inaugurase a exposición “A Pastoriza no tempo”, que deu comezo o proxecto de crear un arquivo fotográfico da Pastoriza no CIN. Rematou o mes coa actividade infantil “A arte do pasado”.
    • En decembro decoramos a praza de Bretoña xunto cos nenos, nun taller infantil de manualidades.
  • 2023: en febreiro e maio houbo duas novas edicións de “Camiñamos xuntos”, pola parroquia de Baltar e polos arredores de A Afoz. En maio decoramos o “Maio de Bretoña” cos nenos.

Visitantes: a abril de 2023, o número de persoas que visitaron o centro dende a súa apertura en agosto de 2019 supera os 2.700.