Dividimos este apartado en tres seccións: a primeira trata as transformacións xeolóxicas que deron lugar ó territorio mindoniense; a segunda recolle os principais vestixios que se coñecen nel sobre as diferentes épocas de ocupación homínida; e a terceira aborda as transformacións introducidas pola sociedade castrexa e a conquista romana. O propósito é amosar a evolución do territorio aproximado que lle correspondería á antiga diocese britoniense -en principio, o Norte dos conventus lucensis y asturicensis romanos-, tendo como centro a Bretoña pastoricense, pero ampliando o radio do rastrexo a outros elementos patrimoniais do antigo convento lucense para ilustrar algúns periodos cando conveña. Aínda que apoiada en estruturas étnico-territoriais previas, a administración romana dará por primeira vez certa unidade ó territorio que nos ocupa, de aí que teñamos que partir dela, pois é a partir desta configuración que se erixirá a diocese britoniense. Atopámonos, en calquera caso, nunha das rexións peor comunicadas da Gallaecia, xa que por ela non pasaba ningunha das principais vías romanas.
I. Fases da formación xeolóxica
Nesta sección sobre as orixes xeolóxicas da rexión britoniense intentaremos trazar unha panorámica cronolóxica do seu contexto particular dentro das dinámicas universais. Limitarémonos a sinalar algúns dos principais fitos que, apreciables na actualidade, formáronse debido a fenómenos acontecidos hai varios millóns de anos (Ma=millón de anos). Co símbolo de resta (-) indícase o número de anos que pasaron dende a perspectiva actual: -66 Ma = hai 66 millóns de anos. Estes son os periodos xeolóxicos que distinguiremos:
- Proterozoico (-1200 / -540 Ma): inexistencia da Península Ibérica
- Paleozoico inferior (-540 / -490 Ma): lousas e calizas debaixo da terra (Cova do Rei Cintolo)
- Paleozoico medio (-490 / -370 Ma): As rochas volcánicas da serra da Capelada
- Paleozoico superior (-370 / -250 Ma): A acreción das terras mindonienses (val de Mondoñedo)
- Mesozoico (‒250 / ‒70 Ma): A apertura do Océano Atlántico (Cabo Ortegal)
- Cenozoico (‒66 / ‒7 Ma): A erosión da rasa cantábrica (Praia das Catedrais)
- Plioceno (‒6 / ‒3 Ma): A emerxencia do río Miño
II. Fases da ocupación homínida
Varias especies homínidas deixaron a súa pegada nas terras mindonienses antes do desenvolvemento das sociedades castrexa e galaicorromana coas que aparecen os primeiros escritos sobre a rexión, e coas que ésta se definirá por primeira vez políticamente. Dende o homo heidelbergensis do paleolítico inferior, pasando polos neandertais, os cromagnons, as etnias negras do epipaleolítico ou os pobos indoeuropeos, esta apartada comarca do noroeste ibérico non foi allea ós movementos poboacionais e ós contactos culturais que moldearon a prehistoria doutras rexións de Europa, do Norte de África e de Oriente Medio. En cada un dos principais periodos en que se divide comúnmente o pasado atopamos vestixios que o exemplifican neste territorio (o cal, pola súa banda, tampouco deixa de transformarse mediante glaciacións, inundación das rías, etc.):
- Paleolítico inferior (-3 Ma /-150.000): vestixios de Homo heidelbergensis na costa lucense
- Paleolítico Medio (-150.000 /-40.000): mamuts e neandertais nunha contorna conxelada
- Paleolítico Superior (-40.000/-13.000): os cromagnons e as pinturas rupestres de Triacastela
- Magdaleniense (-13.000/-10.000): útiles magdalenienses en asentamentos en rochas de Vilalba
- Epipaleolítico (-10.000/-8.000): a “pastora Elba” do Courel, negra coma os “britanos” coetáneos
- Mesolítico (-8.000/-6.000): coa mellora climática sube o nivel do mar e se forma a lagoa de Doniños
- Neolítico (-6.000/-4.500): aparición dos dólmenes e da agricultura nas serras setentrionáis de Lugo
- Calcolítico (-4.500/-3.800): as migracións indoeuropeas substitúen o 40% da poboación ibérica
- Bronce antigo (-3.800/-3.100): constrúense “henges” coma o de Barreiros, similares ao famoso Stonehenge
- Bronce Final (-3.100/-2.750): os fenicios e os tarteso-gaditanos chegan por mar ao Noroeste
III. Época castrexa e galaico romana
- Idade do Ferro I (-2.750 / -2.400): a aparición dos castros
- Economía, artesanía e contactos comerciais: primeiros contactos co Mediterráneo
- Idade do Ferro II (-2.400 / -2.025): evolución e consolidación da cultura castrexa
- *A ourivaría e a arracada de Bretoña: torques e pendentes de ouro do Norte lucense
- *As imaxes votivas e a estela de Reigosa: representacións e obxectos rituais
- *Obxectos domésticos e cerámicas de Saa: fusaiolas, tipos cerámicos
- *A domesticación dos cabalos asturgalaicos: o precedente da Rapa das Bestas
- *O Lugnasad e a relixiosidade castrexa: o culto ao deus Lug entre lucenses e astures
- Romanización (-2025/-1700): a reconfiguración e definición do territorio
- Etnias do cantábrico lucense: do conventus lucensis á provincia da Gallaecia
- Vías de comunicacións terrestres: rexión non transitada polas grandes vías romanas
- Contactos marítimos do conventus lucensis: de Brigantium a Britania
- Asentamentos e explotación do territorio: terra de castros, villae e factorías de salazón
- *O castro de Saa: vivendas e utensilios pastoricenses de influxo romano
- *Denarios de S. Cosme de Piñeiro: a moeda, novo elemento de comercio, tamén na Pastoriza
- 1ª Cristianización (anos 300-409)