¿QUE É?
O CIN BRETOÑA, explica:
- Por que A Pastoriza é, dentro da rexión mindoniense, un dos lugares elixidos polos emigrantes britanos para asentarse durante os séculos V e VI.
- Quen eran os britanos, a súa orixe e por que emigraron.
- Como e cal foi a repercusión do seu asentamento na vida política, social e eclesiática dentro do incipiente reino suevo en Gallaecia.
- Que personaxes tiveron especial relevancia nesta historia.
- Quen recuperou a súa historia, os resultados das campañas arqueolóxicas de Manuel Chamoso Lamas e o seu legado contado por persoas próximas.
