A elaboración da lá (documental de 1999)

Da ovella ó calcetín” é un documental que amosa o proceso tradicional de produción da lá. Foi realizado en 1999 a iniciativa da Asociación de Amas de Casa de Bretoña e os profesores e profesoras do C.E.I.P. de Bretoña (A Pastoriza, Lugo), e contou coa axuda da Xunta de Galicia e a gravación e montaxe do Centro de Recursos da Provincia de Lugo. Os participantes foron: Iván Alvite Alvite, Otilia Alvite García, Modesta Campo Valiña, Rosa Costeira Couso, Milagros Guerra Pérez, Raúl Eloi López Liz, Juan Carlos Peón Piñeiro, Celia María Seco Alvite, José Ángel Seco Alvite, José Javier Suárez Fernández e Argelio Vijande Cotarelo.