De Britonia a Bretoña

Ó marxe da diocese britoniense que probablemente tivo aquí un dos seus principais centros, e ó marxe dos asentamentos previos (prerromanos e romanos) que a arqueoloxía constata na zona, a primeira mención da que non cabe dúbida que se refire a esta Britonia da Pastoriza e á súa igrexa de Santa María data de 1089. Durante os séculos baixo medievais, a forma Britonia mudará en Bretonia ou Bretonna, rexistrándose a grafía Bretoña dende comezos do século XVII.