¿QUE É?

O CIN BRETOÑA, explica:

  • Por que A Pastoriza é, dentro da rexión mindoniense, un dos lugares elixidos polos emigrantes britanos para asentarse durante os séculos V e VI.
  • Quen eran os britanos, a súa orixe e por que emigraron.
  • Como e cal foi a repercusión do seu asentamento na vida política, social e eclesiática dentro do incipiente reino suevo en Gallaecia.
  • Que personaxes tiveron especial relevancia nesta historia.
  • Quen recuperou a súa historia, os resultados das campañas arqueolóxicas de Manuel Chamoso Lamas e o seu legado contado por persoas próximas.