Centro de Interpretación de Bretoña

Localizado nunha antiga casa de comidas no núcleo de Bretoña (A Pastoriza, Lugo), o CIN Bretoña é un centro de interpretación que ten por obxecto o estudo e divulgación da historia do bispado dos britones da Gallecia tardoantiga e altomedieval, en particular, e do patrimonio da Pastoriza e das terras mindonienses, en xeral. Abriu as súas portas en agosto de 2019 a iniciativa do alcalde do concello da Pastoriza, Primitivo Iglesias Sierra, e pouco a pouco foi ampliando os seus contidos. Pódese visitar os martes, mércores, xoves, venres e sábados, en horario de mañá (10:00-13:30h) e de tarde (16:00-19:30h). Nesta páxina web atopará información sobre que ver na Pastoriza e arredores, e sobre onde comer e aloxarse en Bretoña e contorna, pero tamén un percorrido virtual pola súa historia que recolle e completa o discurso exposto no Centro de Interpretación.

O centro divídese en tres plantas e un anexo: