*Obxectos domésticos e cerámicas de Saa

Pola súa banda, a comezos do Ferro II xeneralízanse as fusaiolas e as contas con óculos múltiples e cores, mentres que e a cerámica e as fíbulas transfórmanse completamente, estas últimas por influencia transmontana. Na cerámica substitúense os bordes simples polos aristados; as pegadas dactilares nalgúns exemplares suxire que a súa fabricación corría a cargo de mulleres.