Fotografía antiga de Bretoña (1936-1984)

Estas fotografías foran recompiladas por algúns veciños de Bretoña a finais dos anos 90 para seren expostas no Teleclube da vila baixo o título “Bretoña no tempo”. Trátanse de 30 imaxes de entre os anos 1936-1984 nas que se amosan diferentes facianas da vida da parroquia, dende as labores do campo ás xuntanzas festivas. Agora volven a exhibirse ao público no CIN acompañadas doutras fotografías antigas e algúns textos de carácter literario e etnográfico que axudan a recrear o contexto no que foron tomadas.