A tese do historiador Carlos Andrés González Paz (Alfoz, 1977), investigador do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento (IEGPS) adscrito ao Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), é o último gran traballo sobre a historia da igrexa britoniense. Se ben o obxectivo do seu traballo é o estudo do periodo altomedieval do bispado de Mondoñedo (séculos IX-XIII), a súa investigación comeza, como non podía ser doutro xeito, coa análise da documentación relativa ás dioceses das que a mindoniense se instituiría herdeira, a saber, a britoniense -no territorial- e a dumiense -no institucional-. Despois dunha exhaustiva introdución na que resume os seus plantexamentos respecto de Britonia (pp. 46-60), Carlos A. González Paz dedica un longo capítulo 2 (pp. 192-264) á ‘Britoniensis ecclesiae’. O resto da obra é tamén, como resulta obvio, da maior importancia para a comprensión da historia britoniense no seu contexto territorial e epocal.
Pódese conseguir en papel e en dixital: Editorial CSIC : Libro : O bispado de Mondoñedo na Idade Media : territorio, comunidade e poder (2 vols.).
No libro publicado polo concello da Pastoriza no ano 2019, Carlos A. González Paz ofrece un interesante resumo das súas pesquisas sobre a igrexa britoniense: