2022

11 de Marzo. Encontro sobre os Centros de Interpretación (Concello da Cultura Galega)

“Os centros interpretativos como lugares de educación e formación da cidadanía nos espazos rurais”. EMPC, 35. In Situ. Unha ollada dende o Centro de Interpretación de Bretoña (A Pastoriza, Lugo)

Os Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural son unha iniciativa da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega que comezou en novembro de 2015. Teñen como obxectivo xerar un espazo de difusión, debate, encontro e coñecemento arredor de diferentes proxectos que afectan ao patrimonio cultural, en xeral, e que non sempre chegan a un público amplo por diferentes motivos. Os encontros acollen a calquera persoa que se queira achegar a este espazo, ben sexa un profesional da xestión do patrimonio ou da cultura, unha investigadora ou investigador ou ben calquera axente social que teña interese polo patrimonio e polo debate arredor del. Os protagonistas dos encontros son, así, o elemento patrimonial, o debate e a reflexión. Os encontros focalizáronse até o de agora en proxectos de arqueoloxía, rehabilitación, arquitectura, historia da arte ou mesmo en enfoques interdisciplinarios, pero tamén na xestión patrimonial, na divulgación do patrimonio, na participación cidadá e incluso no conflito patrimonial; en patrimonios esquecidos e vivos, materiais e inmateriais, amigables ou conflitivos; nas políticas patrimoniais, nos encontros e des-encontros. En 2018 puxemos en marcha o programa IN SITU, que traslada a difusión e reflexión ao contexto xeográfico e social dos bens en que se focaliza cada encontro, analizando IN SITU as realidades patrimoniais.

Neste 2022 focalizaremos a mirada é o CIN Bretoña, un centro de interpretación localizado no concello da Pastoriza (Lugo) que conta cunha exposición centrada na arqueoloxía, historia e etnografía do concello, pero que pon a mirada tamén no patrimonio natural, a través dunha serie de rutas polos arredores, así como nos protagonistas que construíron a historia de Bretoña. A través deste proxecto, queremos traer a debate o papel dos centros de interpretación en Galicia na formación e educación patrimonial da cidadanía, sobre todo nos espazos rurais, analizando que papel desempeñan, cal é o seu funcionamento, cal a conexión coas poboacións locais, ou que tipo de xestión se fai neles, para rematar nunha ollada más ampla desde unha mirada crítica e interdisciplinaria á infraestrutura dos centros de interpretación existentes en Galicia e as novas tendencias. Para iso, teremos como marco a recente Lei 7/2021, do 17 de febreiro, de museos e outros centros museísticos de Galicia.

Programa

22 de Abril. O Colexio de Bretoña conmemora o Día do Libro

19 de Xuño. Presentación libro de Fernando Villapol

Máis de oitenta persoas asistiron á presentación do primeiro libro de Fernando Villapol no Centro de Interpretación de Bretoña. Lamentamos que o espazo se quedara pequeno e que non houbese cadeiras para todos, pero moi contentos e agradecidos polo interese dos veciños. Moitos parabéns ao autor pola súa obra e convocatoria. No acto falaron: Xoán Ramiro Cuba Rodríguez, encargado do servizo de publicacións da Deputación de Lugo, á cal se debe a edición do libro; José Isidro Fernández Villalba, historiador de Mondoñedo; Ito Villapol Salgado, fillo do autor; e o propio Fernando Villapol Parapar. Tralo acto, os asistentes puideron facerse cun exemplar gratuito e desfrutar duns pinchos no anexo do CIN.

Agosto. Taller infantil “Rastreo por Bretoña” e visitas o Castro de Saa

O 13 de agosto tivo lugar a unha das primeiras actividades infantís do CIN de Bretoña, “Rastreo por Bretoña”. Mais de 15 nenos e nenas foron coñecendo diferentes lugares de interese da vila a través dunha serie de pistas: a igrexa de Santa María de Bretoña, o Cruceiro da Parola ou a praza principal. Ademais tiñan que facer distintas probas como debuxar a escultura da fonte de Maeloc de Fernando Villapol ou escavar nuns pequenos bloques, como o fixeron os arqueólogos do Castro de Saa.

O 14 de agosto iniciaron as visitas guiadas conxuntas o Castro de Saa, o CIN e a Bretoña. Os primeiros visitantes foron veciños de A Pastoriza e o domingo 28 de agosto o club 600 de Galicia, con mais de 10 coches. Dende o centro de interpretación continuará ofrecéndose en días puntuais, pero tamén podes pedir esta visita, contactando con nos

Setembro. I Edición de “Camiñamos xuntos” e Taller infantil de cerámica

O 17 de setembro dou comezo outro novo proxecto, “Camiñamos xuntos”. Unha serie de saídas nas que coñeceremos o concello da Pastoriza a través das súas pistas e camiños. A primeira que percorremos foi a Ruta de Maeloc, que sae de Bretoña e chega ata Campo de Oso e Pena Gallada. Mais de 20 persoas apuntáronse, pudendo aproveitar dun bo día e cun fermoso camiño como compañeiro.

De novo o 18 de setembro fixemos unha vez mais a visita guiada o Castro de Saa e a Bretoña e o 24 un novo taller infantil, esta vez de cerámica. Os nenos e nenas que participaron fixeron arcos iris, cuncas… e incluso unha vaca. Mais de 15 artistas que coñeceron de primeira man o que é ter que facer coas mans o seus propios obxectos

Outubro. Inauguración da exposición “A Pastoriza no tempo”, Taller infantil “O arte do pasado” e II Edición de “Camiñamos xuntos”

O 22 de outubro tivo lugar a inauguración da exposición “A Pastoriza no tempo”. Nos anos 90 diferentes veciños de Bretoña recompilaron diferentes fotografías que expuxeron baixo o nome de “Bretoña no tempo”. Coa intención de continuar con esa labor e ampliar a recollida a todo o concello, deu comezo o proxecto do arquivo fotográfico da Pastoriza no CIN de Bretoña. Grazas a entrega de imaxes (copias ou orixinais) por parte de diferentes particulares, pero tamén da Asociación de veciños de A Regueira e da Xuntanza de Mulleres de Saldaxe, deu comezo oficialmente o proxecto coa ampliación da exposición de fotografía antiga da nosa planta superior, baixo o nome de “A Pastoriza no tempo”. O día seguinte, tivemos a nosa primeira visita en grupo para ver as novas imaxes, a da Asociación de Amas de Casa de Bretoña

O 29 de outubro, aínda que un pouco pasados por auga, fixemos a II Edición de “Camiñamos xuntos”, tocando neste caso A Rigueira, concretamente o alto da Mudia. Saíndo da igrexa da Rigueira, son uns 12 km que pasan por algúns dos pobos da parroquia e chegan ata a zona da Mudia, na que pode verse unha incrible vista

Rematou o mes coa actividade infantil “A arte do pasado”, na que os nenos e nenas fixeron diferentes xogos e probas para coñecer un pouco mais algúns dos exemplos mais característicos da historia da arte. Crearon un collage, buscaron parellas, xogaron o telefono escacharrado… e incluso completaron pintando algún dos cadros mais coñecidos de Picasso ou Van Gogh

Novembro. Visita da Asociación Xacobeo Sarria

O 13 de novembro recibimos a visita da Asociación Xacobeo Sarria. Mais de 80 persoas viñeron facer a Ruta de Maeloc pola mañá, saíndo de Bretoña e chegando ata Campo de Oso. De regreso da súa ruta, pasaron un rato por Bretoña, coñecendo a vila e repoñendo forzas. Despois aproveitaron para coñecer un pouco mais do concello, percorrendo as diferentes salas expositivas do CIN de Bretoña

Decembro. Taller infantil “Decorando a Praza de Bretoña”

O 23 de decembro fixemos a nosa última actividade do ano, un taller infantil para decorar a praza de Bretoña. Aproveitando o comezo das vacacións de Nadal dos nenos, estivemos facendo diferentes adornos propios das festas, para despois colocalos na praza principal da vila. Estrelas, lazos, botas de Papa Noel e incluso un boneco de neve. Nas nosas redes sociais (Instagram e Facebook) podes ver o vídeo do bonito que quedou Bretoña grazas a todos os artistas do taller, pero tamén dos veciños de Bretoña