Historiografía

Xunto aos documentos propiamente históricos, o visitante ten a súa disposición outros máis recentes cos que se ilustra o progresivo coñecemento que se foi adquirindo na modernidade acerca da diocese britoniense, como as diferentes teorías que se formularon sobre a súa orixe e localización antes de que Chamoso Lamas levara a cabo as campañas arqueolóxicas en Bretoña no século XX.