Por medio de representacións escultóricas e algúns dos seus obxectos persoais, o escultor Fernando Villapol Parapar rememora a figura de relevantes bretoñenses coma o organeiro Manuel Fernández (1866-1949), o ciruxián Antonio Leiras Mon (1811-1888) ou o médico Pedro Antonio Gasalla González (1855-1908). Na mostra tamén teñen o seu espazo personaxes da ficción coma “O xastrico de Bretoña”, do relato de Álvaro Cunqueiro ‘O segredo Don José’ (en “Xente de aquí e acolá”); ou personaxes case mitificadas coma o bispo Mayloc; así como as confluencias britonienses da familia do propio escultor.