Os primeiros autores que describiron as etnias que habitaban no Oeste cantábrico trala conquista romana (século I a.C.), Estrabón (III.3.5) e Pomponio Mela (III.11-12), sólo mencionan nesta rexión aos artabri ou arrotrebae, de quenes indicarían que habitaban xunto a xentes “de nación céltica emparentados cos das orillas do Anas (Guadiana)”; despois deles, en dirección leste, ambos autores pasan directamente aos astures. Aproximadamente un século despois de Estrabón e Mela, Plinio ofrecerá unha relación moito máis detallada dos pobos lucenses deudora do desenvolvemento do Estado romano na península, pois, polo edicto de latinidade de Vespasiano, cara o ano 74 outorgouse aos habitantes de Hispania o dereito de cidadanía. Plinio é, de feito, o primeiro autor que define os límites do conventus lucensis e ofrece unha enumeración rigurosa das tribus que o integraban probablemente baseada en rexistros oficiais.
“O convento xurídico de Lugo é de dezaséis pobos pouco importantes e de nome bárbaro, salvo os célticos e os lémavos, pero con case cento sesenta e seis mil homes libres. […] No convento lucense, a partir do río Navia, [habitan os pobos dos] albiones, cibarcos, egos, os varros chamados namarinos, os adovos, os arronos e os arrotrebas.”
Plinio, Historia Natural, III.28 e IV.111
Segundo Plinio (Naturalis Historia, III.28), no conventus lucensis distinguíanse dezaséis tribus que sumaban case 166.000 homes libres, menos que os que se atopaban nos conventus bracarensis e asturicensis: o conventus bracarensis contaba vintecatro ciuitates -entre as cales os callaicos que darán nome á Gallaecia– con preto de 285.000 homes; mentres que no conventus asturicensis había vintedous pobos, divididos en augustanos e transmontanos, que integraban douscentos corenta mil cidadáns. O convento lucense comezaba trala rexión dos ástures, ao oeste do río Navia, onde habitaban os albiones, seguidos dos cibarci, os egi, os varri -chamados namarini-, os adoni, os arroni e os arrotrebae. En principio, estas etnias moraban no territorio que séculos máis tarde abarcarán as dioceses de Britonia e Mondoñedo, máis o nororiente da de Iria-Santiago.
A enumeración continúa cos neri, os supertamarci, os copori (entre Iria e Lucus Augusti segundo Ptolomeo, II.6.25), os prestamarci e os cileni, xa na zona de Pontevedra colindante co conventus bracarense (Naturalis Historia IV.111); e, noutra pasaxe (Naturalis Historia III.28), Plinio menciona a maiores aos celtici -na zona de Fisterra- e aos lemavi. Plinio non especifica se estas etnias se estendían cara o interior, e na súa enumeración faltarían dous pobos lucenses para completar os supostos dezaséis; curiosamente, Ptolomeo (Geo. II.6.25-26) menciona -ademais dos copori, dos cileni e dos lemavi-, precisamente outros dous que non recollera Plinio, os baidúoi e os seurri, que adoitan levarse ao sur e sureste do convento, na zona de Ourense.
Nun primer momento trala conquista romana, todo o Noroeste da península, incluido o territorio dos astures, formaba parte da provincia de Lusitania; sen embargo, a finais do século I a.C., a futura Gallaecia, xunto con Asturica, separaríase da Lusitania para integrarse na provincia Citerior, onde permanecerán, a pesar de varias reestructuracións, ata finais do século III. En tempos de Diocleciano, cara o ano 300, reorganízase o Imperio: dáse unidade ás provincias da península creando a diocese de Hispania -subordinada á súa vez á prefectura das Galias-, e dentro dela distínguense seis provincias, entre as cales, por primeira vez, unha que recibe o nome de Gallaecia (na que se incluía, segundo Paulo Orosio, a Asturias). Trala caída do Imperio romano e as invasións xermánicas, no concilio IV de Toledo do ano 633, o reino visigodo volverá a instaurar a división diocleciana de Hispania en seis provincias. Dende a época de Plinio (século I), ata á época sueva (crónica de Idacio de Chaves), apenas temos información das xentilidades que habitaban a rexión na que aparecerá, na segunda metade do século VI, o bispado dos britones.