Neste panel amósanse os documentos máis importantes sobre a igrexa britoniense: as actas do parroquial suevo, nas que se define a súa xurisdición, e as firmas dos bispos que asistiron ao Concilio de Braga II, entre as que figura a de Mailoc. As copias que se exhiben no CIN proceden do Tumbo Vello da Catedral de Lugo, un códice manuscrito de época medieval que se conserva no Archivo Histórico Nacional (Cod. L. 1043, Nº6-7, f. 6v-7r).
Documentos:
- Concilio de Braga I (561): a conversión ao catolicismo do Reino suevo a instancias de Martiño de Dumio e a loita contra a herexía priscilianista, confirmada por un tal Maliosus
- Parroquial suevo (569): xurisdición do bispado britoniense no Reino Suevo
- Concilio de Braga II (572): confirmado por Mailoc, primeiro bispo britoniense documentado
- Concilios visigodos (589-693): asistencia britoniense aos sínodos do século VII
- Testamento de Alfonso II (832): fundación da sede ovetense en sustitución da sede britoniense, destruida polos musulmáns
- Mencións apócrifas
- Restitución como diocese titular