PANEIS / SECTORES

A exposición está estructurada en 6 sectores distribuidos en varios paneis, enlazando os lugares coa historia que conta CIN Bretoña.

Panel 1: INVASIÓNS BÁRBARAS

Punto de partida temporal e unha das principais razóns no movemento migratorio dos bretóns a outras terras.

A Idade Media comeza coa caída do Imperio Romano de Occidente, situación provocada, entre outros motivos, polas migracións bárbaras. Estes pobos, de orixe xermánica e con similares crenzas e formas de vida, asediaban as portas do Imperio empurrados polo violento avance huno desde as estepas asiáticas.

Unha vez cruzan a fronteira danubiana no 376, ostrogodos e visigodos póñense ao servizo de Roma como foederates recibindo asilo a cambio de apoio militar. Alanos, vándalos e suevos aproveitan un conxelado río Rin para saquear a Galia e entrar na península ibérica no 409 e repartirse as súas provincias. No norte, anglos, saxóns e xutos comezan a moverse cara o oeste embarcando cara Gran Bretaña.

Panel 2: GRAN BRETAÑA

Cómo era a terra dos bretones.

Britania era a provincia máis lonxana do Imperio Romano de Occidente, territorio habitado por tri-bos celtas de lingua britónica que, exercendo unha forte resistencia á ocupación romana, obrigaba á presenza constante de lexións e á construción da muralla de Hadrián, de 117 km de longo, para manter separados os pictos do norte.

A pesar da distancia, a inestabilidade do Imperio tamén se deixaba sentir. Todas as lexións partiran nun desesperado intento de defender Roma do asedio bárbaro e Britania ficaba abandonada a súa sorte, illada do resto do Imperio e practicamente indefensa ante a ameaza exterior anglosaxoa e inte-rior dos pictos e escotos. O poder sería ocupado por regulos, febles elites locais que, seguindo o mo-do de vida romano, resistirían o avance anglosaxón na batalla do Monte Badon, berce das lendas artúricas.

A situación dos cristiáns era difícil. A persecución á que foron sometidos polas novas autoridades uníase o illamento dunha igrexa britana que evolucionaría cara un cristianismo celta moi conserva-dor. Algúns deles, refuxiados en Gales e Cornualles, partiron entre o 430 e 440 cara o sur, seguindo unha costa atlántica que non era vista como unha fronteira senón como unha vía de comunicación. Asentáronse na Armórica, a actual Bretaña francesa que conserva o bretón; e na Gallaecia, onde un grupo liderado por un bispo de nome Maeloc establece unha diocese de seu que sobreviviría durante cinco ou seis xeracións: Britonia.

Panel 3: GALLAECIA

Cómo era Galicia en el momento en que llegaron los bretones.

Os cristiáns britanos chegaron entre o 469 e o 560 a unha rexión que non debía ser moi diferente a Britania tanto a nivel paisaxístico como climático con grandes extensións de bosques e terreos de difícil explotación agrícola. Os tipos de asentamento seguían sendo os tradicionais persistindo al-gunhas villae como establecementos aristocráticos tardorromanos, os vici como establecementos secundarios situados á beira das grandes vías de comunicación e reocupando algúns poboados cas-trexos e asentamentos en altura.

A chegada dos suevos no 411 non implicou o seu automático predominio sobre a poboación autóc-tona. Eran poucos, tal vez trinta mil sobre unha poboación de setecentos mil, cun estilo de vida nó-made que os incapacitaba militarmente para someter as cidades e cunha total falta de unidade que explica que non conseguiran implantar unha administración de seu senón que asumiran a previamen-te vixente. Non obstante souberon sacar proveito das tensións locais entre unha forte aristocracia terratenente e un campesiñado dependente e afogado fiscalmente.

O Chronicón de Idacio de Chaves narra de xeito apocalíptico a chegada dos suevos e a destrución do Imperio Romano de Occidente, garante da ortodoxia católica fronte ás dúas principais herexías que asolaban o territorio: o arianismo bárbaro que negaba a divindade de Cristo e o priscilianismo, crítico coa opulencia da xerarquía eclesiástica. Esta doutrina tivo unha ampla difusión ao aproveitar a inexistencia dunha racional estrutura eclesiástica. Esta ausencia, unida a súa atractiva visión liber-taria e ascética do cristianismo, favoreceu a súa difusión entre clero e sociedade até tal extremo que Gallaecia resistiría como último refuxio da herexía á morte de Prisciliano no 385.

Panel 4: ORGANIZACIÓN ECLESIÁSTICA

A organización eclesial viuse notablemente influenciada coa chegada dos bretóns.

A loita contra a herexía necesitaba unha igrexa parella ás estruturas administrativas do reino suevo, primeiro reino cristián medieval de Europa.

O Parochiale suevorum, documento que recolle a nova organización eclesiástica, cita no caso da Sé de Britonia o goberno dun abade-bispo desde o mosteiro Máximo, modelo diferente do coñecido bispo-diocese. Non hai consenso sobre a localización deste mosteiro. O máis probable é que estea situado en calquera parte do antigo territorio britoniense, coherente cunha diocese étnica itinerante onde Britonia sería nexo dos britanos asentados na Gallaecia.

De Maeloc, bispo britoniense, temos á primeira e única referencia no II Concilio de Braga do 572 onde se presenta como o último dos doce bispos en asinar as súas resolucións. O pouco que coñece-mos del, alén do seu inequívoco nome celta, e a súa posición como máxima autoridade eclesiástica e tal vez política de Britonia.

Esta Sé aparece citada por última vez no III Concilio de Braga no 675 nun contexto de colapso xe-neralizado da igrexa coas sucesivas invasións musulmás e viquingas sen sabermos se os britanos se asimilaron coa poboación ou emigraron cara novos territorios. Falecido o último bispo britoniense, Alfonso III establece unha nova Sé episcopal en Mondoñedo que incluiría o antigo territorio de Bri-tonia, orixe da actual diocese de Mondoñedo-Ferrol.

En 1969, trece séculos despois, recuperouse a diocese de Britonia como Sé titular da igrexa sendo actualmente o seu bispo o polaco Pawel Cieślik.

Panel 5: CHAMOSO LAMAS

A conservación e divulgación do patrimonio cultural galego durante gran parte do século XX non se entende sen a figura do escritor e historiador da arte Manuel Chamoso Lamas (A Habana, 1909 – A Coruña,1985).

Presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, institución que conserva a súa extensa colec-ción fotográfica e membro da Real Academia Galega, dedicou toda a súa vida ao estudo e protec-ción do patrimonio cultural galego desde o seu posto como Comisario de la I Zona de Servicio de Defensa del Patrimonio Artístico. O seu intenso labor investigador deixa as súas pegadas en moitos puntos da xeografía galega como Santa María de Augas Santas en Allariz ou o Castro de Viladonga, xacemento senlleiro da Idade de Ferro galega. Non obstante tiña unha especial predilección polas necrópoles como as de Santa Eulalia de Tines en Vimianzo, San Xiao de Moraime en Muxía ou San Bartolomé de Rebordáns en Tui, lugares que consideraba máis valiosos para o coñecemento das so-ciedades humanas pasadas e presentes.

É en Santiago de Compostela onde vemos a confluencia do seu traballo investigador e museolóxico fundando o Museo das Peregrinacións e dirixindo as escavacións no subsolo da catedral que saca-rían á luz as dúas primeiras igrexas do sepulcro apostólico así como o enterramento e lauda sepulcral de Teodomiro, bispo que recoñeceu o tumba do apóstolo Santiago.

En Bretoña, Chamoso Lamas coñecía os topónimos Casa do Bispo e O Bispado e a importancia que os emigrantes britanos tiñan para coñecermos a Alta Idade Media, escasamente documentada en Galicia. As escavacións realizadas en 1970 e 1971 na igrexa de Santa María descubriron uns muros que pechan as dependencias do que podería ser un palacio e unha ampla construción semicircular de lousa, con dúas tumbas de orixe visigótica no seu interior, que Chamoso identifica como a ábsida da catedral de Maeloc, abade-bispo da Sé britoniense.

Panel 6: BRETOÑA

Na parroquia de Bretoña destacan varias personalidades ao longo da súa historia. É o caso do bispo de Quito Alonso de la Peña Montenegro (1596-1687). Outra personalidade vinculada con Bretoña foi Bartolomé Villapol y Vega, cóengo e mestre-escola da Catedral de Mondoñedo, que presenta no ano 1647 o traballo que consistiu nun listado dos Bispos da Sé de Bretoña e que se publicou no to-mo do MARYROLOGII-HISPANI no ano 1648. Manuel Fernández (1866-1949), un dos máis importantes mestres construtores de órganos do seu tempo, Antonio García y Garcia (1928-2013), cuxa obra, extensa e variada, conta con 277 artigos publicados e 32 libros editados entre os que des-tacan polo seu vencello con Bretoña, El patrimonio artístico-arqueológico de la Parroquia de Bretoña e Historia de Bretoña. E Pedro Gasalla González (1855-1908), que foi o pioneiro dunha saga fami-liar de destacados profesionais dedicados ao mundo da menciña.