II. Fases da ocupación homínida
Varias especies homínidas deixaron a súa pegada nas terras mindonienses antes do desenvolvemento das sociedades castrexa e galaicorromana coas que aparecen os primeiros escritos sobre a rexión, e coas que ésta se definirá por primeira vez políticamente. Dende o homo heidelbergensis do paleolítico inferior, pasando polos neandertais, os cromagnons, as etnias negras do epipaleolítico ou os pobos indoeuropeos, esta apartada comarca do noroeste ibérico non foi allea ós movementos poboacionais e ós contactos culturais que moldearon a prehistoria doutras rexións de Europa, do Norte de África e de Oriente Medio. En cada un dos principais periodos en que se divide comúnmente o pasado atopamos vestixios que o exemplifican neste territorio (o cal, pola súa banda, tampouco deixa de transformarse mediante glaciacións, inundación das rías, etc.):
- Paleolítico inferior (-3 Ma /-150.000): vestixios de Homo heidelbergensis na costa lucense
- Paleolítico Medio (-150.000 /-40.000): mamuts e neandertais nunha contorna conxelada
- Paleolítico Superior (-40.000/-13.000): os cromagnons e as pinturas rupestres de Triacastela
- Magdaleniense (-13.000/-10.000): útiles magdalenienses en asentamentos en rochas de Vilalba
- Epipaleolítico (-10.000/-8.000): a “pastora Elba” do Courel, negra coma os “britanos” coetáneos
- Mesolítico (-8.000/-6.000): coa mellora climática sube o nivel do mar e se forma a lagoa de Doniños
- Neolítico (-6.000/-4.500): aparición dos dólmenes e da agricultura nas serras setentrionáis de Lugo
- Calcolítico (-4.500/-3.800): as migracións indoeuropeas substitúen o 40% da poboación ibérica
- Bronce antigo (-3.800/-3.100): constrúense “henges” coma o de Barreiros, similares ao famoso Stonehenge
- Bronce Final (-3.100/-2.750): os fenicios e os tarteso-gaditanos chegan por mar ao Noroeste