«(…) Pssamos al rio famoso de nombre, / que en nuestra Galicia llamamos el Miño,/ al qual hasta agora llamaramos niño,/ mas otros que absorbe le hazen ser hombre,/ en partes va bravo, que no ay quien no assombre, / passa por pueblos que aquí se diran, / la fuente do nace se llama Miñan, / que deste Miñan tomo su renombre.»
Bartolomé Sagrario de Molina (1550), Descripción del Reyno de Galicia y de las cosas notables del, Málaga, 4ª parte, ‘De los rios, y Pueblos’, fol. 36
Esta ruta parte da Lagoa de Fonmiñá, sita xusto ao entrar no concello da Pastoriza polo Sur, vindo da carretera de Meira, e chega ata a praia fluvial de Baltar, na área recreativa de Liboira, pouco despois de pasar xunto ao Castro de Saa. Non é unha ruta circular, polo que o percorrido de volta transcorre polo mesmo camiño. O camiñante non atopará grandes repechos ao longo dos 12 kilómetros e medio da ruta. A duración estimada é de 3 horas e 20 minutos.
Máis información: Wikiloc | Ruta PR-G 153 Augas de Fonmiñá