Teorías do s. XVII

Desaparecida a diocese de Britonia, no contexto da disputa polo seu título e territorio durante a plena Idade Media, os bispados interesados puxeron en circulación documentos interpolados nos que se modificaban os seus límites e localización. Algunhas destas falsificacións terán eco xa no s. XIII nas crónicas de Lucas de Tuy e Alfonso X, incorporándose no s. XVI ás primeiras historias impresas dos concilios e igrexas hispanas. A finais deste século, autores coma Román de la Higuera redactarán unha serie de falsos cronicóns, atribuídos a escritores antigos, nos que, mediante retorcidos procedementos, a historia de diferentes bispados se dilataba e enriquecía con ilustres personaxes. Dado o exótico do seu nome, un dos bispados máis ficcionados foi o de Britonia. A pesares das críticas que xa no seu momento recibiron estas invencións, non poucos historiadores lles deron crédito e contribuíron a difundir o seu relato ó longo do século XVII. Un deles foi o padre Argaiz, autor do presente documento. No seu traballo, sen embargo, formúlase por primeira vez a teoría que máis historiadores defenden na actualidade: que Britonia debe o seu nome a unha colonia britana.


Gregorio Argaiz (1675), La soledad laureada por San Benito III. Theatro monástico de la provincia bracharense, Alcalá, F. García Fernández, p. 461.