Nesta sección sobre as orixes xeolóxicas da rexión britoniense intentaremos trazar unha panorámica cronolóxica do seu contexto particular dentro das dinámicas universais. Limitarémonos a sinalar algúns dos principais fitos que, apreciables na actualidade, formáronse debido a fenómenos acontecidos hai varios millóns de anos (Ma=millón de anos). Co símbolo de resta (-) indícase o número de anos que pasaron dende a perspectiva actual: -66 Ma = hai 66 millóns de anos. Estes son os periodos xeolóxicos que distinguiremos:
- Proterozoico (-1200 / -540 Ma): inexistencia da Península Ibérica
- Paleozoico inferior (-540 / -490 Ma): lousas e calizas debaixo da terra (Cova do Rei Cintolo)
- Paleozoico medio (-490 / -370 Ma): As rochas volcánicas da serra da Capelada
- Paleozoico superior (-370 / -250 Ma): A acreción das terras mindonienses (val de Mondoñedo)
- Mesozoico (‒250 / ‒70 Ma): A apertura do Océano Atlántico (Cabo Ortegal)
- Cenozoico (‒66 / ‒7 Ma): A erosión da rasa cantábrica (Praia das Catedrais)
- Plioceno (‒6 / ‒3 Ma): A emerxencia do río Miño